Parrotroca: mesa de troco na festa da Bouza 19/06

Aproveitando a festa da Bouza este sábado a partires das 12h30 na carballeira da Bouza organizaremos un pequeno mercadillo de troco, que consistirá nunha mesa a disposición de todas aquelas persoas que queiran levar algo que estean dispostas a trocar ou ceder.

Sinxelo.com

Sinxelo.com e unha web de anuncios clasificados gratis en galego e para Galicia.

Tentamos ofrecer dunha forma divertida e sinxela un servizo de anuncios clasificados onde os galegos poidan comprar, vender, compartir ideas e servizos, conecerse e tentar axudarse mutuamente en ambitos como o emprego, bens, servizos, persoais e de fogar.

OurenseTroca

Bom dia! em Ourense estamos intentando pôr em andamento umha rede de troco (mesmo que for pequena), e assim queremos reunir-nos para ver o que se pode fazer. Enviamos-vos o correio que convoca a reuniom mas é sobretodo para que estejades informados do que queremos fazer e se a alguém lhe apetece, pois que apareça.

Beijos!

Olá!

Xornada de economía sustentable

Ola a todas:

Algunas xa sabedes que estanse a desenvolver as Xornadas Terra e Cultura Sustentable, no Fogar do Santiso.
É esta unha inciativa que durante 9 sábados pretendeu amosar reflexións e propostas no canto das diferentes dimensións da sustentabilidade.
Neste momento xa se celebraron 8 xornadas e chegamos á derradeira no próximo sábado 5 de decembro.

Reunión de usuarios do Banco do Tempo de Valadares

No centro cultural de Valadares as 20:00.
Tivo lugar a habitual reunión
Como cada primeiro xoves de mes ;
realizousese o acostumado troco

Foro de economía e consumo

Ola
Na Asociación de veciños de Beade o día 3 de Decembro as 17:15 tivo lugar:
Foro de economía e consumo
apertas

O Seu Beneficio é a Nosa Crise, xornadas contra a banca (Vigo)

 

  • O sábado 7 de novembro ás 11:30h da mañá no cruce de Príncipe con Colón (na Farola), faremos un acto de rúa contra a Banca.

 

  • O sábado 14 charla ás 20:30h na Cova dos Ratos, a cargo de Francisco Ferrer do seminario Taifa de Economía Crítica de Barcelona "Antecedentes e xestación da Crise actual".

 

  • O sábado 21 charla ás 20:30h na Cova, Mesa Redonda "Investimentos da Banca "convencional" (Amarante), "Pasado, presente e futuro da loita sindical na Banca" (CXT) e "Iniciativas de troco en Galiza" (Vigotroca).

 

  • O sábado 28 charla ás 20:30h na Cova, "A Banca na destrucción do territorio" a cargo de Luita Verde do Morrazo e Reganosa Demolizón de Ferrol.

 

Organizan: Amarante, Asociación Caleidoskopio, C.S. "A Formiga", CGT, Oficina de Dereitos Sociais de Coia, Grupo Axitación Social e Verdegaia.

Xornadas galegas de economías alternativas: bancos de tempo, troco, cesión...

Centro Social do Calvario, Vigo (rúa Numancia, 3) o 27 e 28 de xuño de 2009.

*¿Estamos en crise? *O sistema económico neoliberal, baseado no espellismo do crecemento sen freo, na especulación absurda e a depredación do medio afúndese, fagocitándose a si mesmo.

*¿Estamos en crise?* Os bancos e as multinacionais que esquilman a terra coa súa delirante obsesión polos beneficios ven como se acenden todas as alarmas.

idea de xuntanza

PRÓXIMAS ACTIVIDADES
Xuntanza primaveral en Vigo ? ? ?

lista y web

Tags:

Queridxs compas:

Segundo o acordado en Allariz, estes días está comezando a funcionar unha lista de correo a nivel galego para compartir información e ideas sobre temas relacionados con crear economías máis xustas, solidarias e sustentables.Alóxase nun servidor libre do compa David (Ourense): ecoaltgz@fugaemrede.info

Creouse tamén un espazo web, pendente de que o vaiamos dotando de contidos. Alóxase no servidor libre de Trebelab: http://ecoaltgz.arkipelagos.net/

Distribuir contido

2009 :: copyleft :: rede galega por unha economía alternativa

Web desenrolada e albergada grazas a trebelab, funcioando integramente con software libre: debian gnu/linux, drupal, apache, mysql e php, entre outros.