presentación

QUE É

"Economía Alternativa Galiza" ("rede galega de economía alternativa" ou como sexa) nace coa intención de compartir información e apoiarnos para fomentar e desenvolver economías máis xustas e sustentables.

COMO FUNCIONA

Actualmente existe un grupo de correo, para anotarte...

QUEN A INTEGRAN

Máis que por grupos, que tamén, EcoAltGz está integrada por persoas activas no amplo ámbito da “economía alternativa”: economía social, financiamento ético, moedas complementarias (bancos de tempo, redes de troco...), etc.

ANTECEDENTES

En marzo de 2008 tiveron lugar en Lugo as “IV Xornadas de Economía Alternativa” e “III Conferencia de Moedas Complementarias”, organizadas por A Cova da Terra. Aí xuntámonos varias impulsoras de iniciativas locais como
os mercadiños de troco de Verdegaia en Compostela, VigoTroca, o Banco do Tempo de Lugo e a Rede de Troco da Coruña.

Posteriormente, en novembro de 2008 celebráronse en Allariz as “II Xornadas da Reserva da Biosfera Área de Allariz", da man da asociación Andrea e o Concello alaricano. Nesa ocasión repetimos as anteriores e incorporamos a persoas relacionadas cos Bancos de Tempo de Allariz e de Vigo, e coa asociación Fillos de Galicia e a súa moeda electrónica.

Esta iniciativa de EcoAltGz é froito da xuntanza celebrada nestas últimas xornadas.

2009 :: copyleft :: rede galega por unha economía alternativa

Web desenrolada e albergada grazas a trebelab, funcioando integramente con software libre: debian gnu/linux, drupal, apache, mysql e php, entre outros.